sábado, 11 de abril de 2020

Una varita mágica para Dulce

Ola familias , a piques xa de rematar esta Semana Santa atípica, chea de incertezas e temores, poñede atención porque abrimos unha fiestra á esperanza . Observaremos ben o mundo que nos rodea coa intención de intentar comprender ás persoas, de descubrir os seus límites e as súas posibilidades .É un conto que visibiliza a sordocegueira, un problema ao que temos que achegarnos con naturalidade e igualdade. Martina , coa colaboración da súa nai e o seu irmán , fixeron esta bonita lectura en familia. pica no enlace: https://drive.google.com/file/d/1k6P0G1sVcmXbsPmLRlmtlhhT_LuqvgBW/view?usp=sharing Animádevos e facede lecturas , que sexan moitas: individuais, en parellas, en familia ,...; en silencio, en voz alta, teatralizando ,...

Ningún comentario:

Publicar un comentario